Xornadas e cursos

Venres, 26-04-2024 · 11:00 - 13:00h

A sede da Misión Biológica de Galicia (MBG – CSIC) acollerá a xornada de presentación do Grupo Operativo para a multiplicación a grande escala de oliveira autóctona (propagación por estaca e micropropagación in vitro). O evento terá lugar o próximo venres, 26 de abril de 11:00 a 13:00h. Con este proxecto de I+D+i búscase poñer a punto e optimizar técnicas ad hoc para reproducir once variedades únicas de oliveiras autóctonas galegas que permitan prover aos viveiros, de forma eficiente e

Abril a maio | 16:00 – 20:00h

Neste 2024, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria organizan unha nova edición da formación en Fruticultura, que estará dividida en varios cursos. O segundo destes cursos centrarase na propagación de froiteiras e técnicas de cultivo. Durante as 60 horas de formación, os asistentes farán un repaso a diferentes producións frutícolas de interese na nosa comunidade, desde as máis difundidas como as maceiras, castiñeiros e kiwi ata outras menos estendidas como cítricos, aguacate, oliveiras

Xoves, 21 de marzo de 2024

O vindeiro xoves, 21 de marzo terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros (A Coruña) a presentación do proxecto ECOCOMEDORES DA BIOSFERA II: avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística, que desenvolveremos xunto á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e a Escola Infantil Municipal A Caracola (A Coruña), co apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.  O proxecto ECOCOMEDORES xurdiu en 2015 como unha alianza entre produtores, centros escolares e

Xoves 14 - venres 15 de marzo | EFA Piñeiral

A Fundación Juana de Vega, no marco das axudas da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, organiza unha serie de xornadas de divulgación de aspectos relacionados co emprendemento innovador no sector agroalimentario, poñendo o foco nas entidades de economía social. As segunda das catro xornadas previstas para 2024 terá lugar en colaboración coa EFA Piñeiral Centro de Formación Profesional de Arzúa, os días 14 e 15 de marzo.

Xoves 22 e venres 23 de febreiro | A Coruña · Cambre · As Pontes de García Rodríguez

Debater e actuar sobre un modelo que vai máis aló da sostibilidade Hoxe en día, as prácticas agrícolas e gandeiras sostibles xa non son suficientes nun planeta moi deteriorado que sofre unha degradación e ameazas sen precedentes: erosión e perda de solo fértil, escaseza de auga, contaminación, destrución de ecosistemas naturais, desabastecemento,… En xeral, as consecuencias do cambio climático.  Neste contexto, é necesario avanzar cara ao seguinte nivel: as prácticas rexenerativas.    Coa celebración das I Xornadas Científico-Técnicas sobre

Febreiro a decembro

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo) unha nova edición do curso de Viticultura e Enoloxía, nivel avanzado. Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a decembro, o que permitirá a realización de prácticas en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega. Os asistentes participarán en todas as fases do proceso, desde a

Febreiro a xuño

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo) unha nova edición do curso de Fruticultura, que estará dividido por módulos. O primeiro destes módulos estará dedicado á poda de varios tipos árbores froiteiras en diferentes momentos do ano, incluíndo o uso e mantemento de ferramentas, entre outros conceptos.  Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a xuño. Haberá

Os mércores, 17 e 24 de xaneiro de 2024 | EFA Fonteboa · Coristanco

A Fundación Juana de Vega, no marco das axudas da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, organiza unha serie de xornadas de divulgación de aspectos relacionados co emprendemento innovador no sector agroalimentario, poñendo o foco nas entidades de economía social.   As primeiras das catro xornadas previstas para 2024 terá lugar en colaboración co Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco) os días 17 e 24 de xaneiro. 

6, 7 e 28 de outubro de 2023

A Fundación Juana de Vega organiza, co apoio da Deputación da Coruña, as xornadas Capital natural: identificación, contabilidade e valorización de servizos ecosistémicos da infraestrutura verde municipal. Continuando coas campañas formativas de anos anteriores en materia de infraestrutura verde e servizos ecosistémicos, a Fundación Juana de Vega acolle os días 6, 7 e 28 de outubro de 2023 esta actividade máis específica dirixida aos equipos técnicos municipais e profesionais interesados na xestión e conservación das infraestruturas e espazos verdes

05/09 a 14/11 e sesión final en decembro

De carácter eminentemente práctico desenvolverase durante o outono de 2023 en seis xornadas en horario de tarde. É o módulo IV do “Curso de fruticultura e técnicas de cultivo 2023”. O alumnado estudará as operacións de colleita e de conservación da froita de maneira transversal a todas as producións frutícolas. Completarase cun taller de elaboración de mosto e sidra a partir de mazá e outro de conservas e, para finalizar, no mes de decembro, organizase unha xornada de cata dos

10 de maio de 2023

Desde setembro de 2020, a Fundación Juana de Vega traballa no proxecto FOODIMPROV’IDERS en colaboración con cinco entidades europeas. Este proxecto forma parte da convocatoria Erasmus+ (Asociacións estratéxicas KA204 para a educación de adultos) e o seu principal obxectivo é axudar aos produtores primarios da UE a adquirir coñecementos e habilidades para desenvolver modelos de comercialización baseados en circuítos curtos que lles permitan vender os seus produtos.Estes modelos, estreitamente vinculados a un territorio, presentan numerosas vantaxes, como a mellora

9 de maio a 20 de xuño 2023

O curso, cunha duración de 24h e de carácter eminentemente práctico no que se estuda a maneira de planificar unha explotación frutícola e se revisan as principais labores de mantemento e a mecanización, os tratamentos fitosanitarios e as instalacións das explotacións dedicadas ao cultivo de diferentes especies de froiteiras de interese na Comunidade Galega. Duración do curso6 xornadas entre o 9 de maio e o 20 de xuño. LugarTodas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás as