Novas

O Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2024 estrea a categoría “Edificacións e instalacións produtivas” no medio rural

O galardón, que se entregará por primeira vez este ano, quere recoñecer a calidade e correcta integración paisaxística deste tipo de construcións vinculadas con procesos produtivos no medio rural. Admitiranse intervencións acabadas en Galicia nos oito anos anteriores a 2024, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2023. O veterano galardón promovido pola Fundación Juana de Vega cumpre vinte anos en activo desde a súa creación en 2004.

Ampliar
Presentación oficial do proxecto “CAPRIF-CC. Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático”

Presentación oficial do proxecto CAPRIF-CC

Este venres, 19 de abril (10:00 a 13:00h) terá lugar a presentación oficial do proxecto “CAPRIF-CC. Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático”, que impulsará unha nova perspectiva para a xestión multifuncional do monte en Galicia e en Asturias desde a óptica da economía verde, basándose en procesos participativos.

Ampliar

Visita de campo do alumnado de fruticultura

O próximo sábado, 20 de abril, o alumnado do curso de Froiteiras e Transformados 2023 e do curso de Poda de Froiteiras 2024 vai realizar unha visita de campo para coñecer dúas explotacións de cultivo de mazá na Estrada (Pontevedra) e outra de aguacate en Culleredo (A Coruña).

Ampliar

O proxecto ECOCOMEDORES busca novos produtores ecolóxicos para aumentar a oferta de menús saudables na Reserva da Biosfera

Hoxe botou a andar unha nova fase deste programa do que é socia a Fundación Juana de Vega. Ata finais de 2026, o obxectivo será escalar a folla de ruta iniciada en 2015 no ámbito do consumo de produtos ecolóxicos en comedores colectivos, escolares e empresariais, para seguir fomentando hábitos alimentarios saudables ao tempo que se potencia a produción agroecolóxica local, os circuítos curtos de comercialización e, en xeral, a creación de riqueza no rural.

Ampliar