Historia | Biografia Juana de Vega


Excma. Sra. Dª. Juana de Vega Condesa de Espoz e Mina

Naceu na Coruña o 7 de marzo de 1805 no seo dunha familia liberal e ilustrada. Os seus pais, D. Juan Antonio de la Vega, de Mondoñedo, e de María Josefa Martínez, de Monforte de Lemos, axiña lle poñen un mestre que a instrúe en letras e humanidades.

O 25 de decembro de 1821 casa por poderes co Xeneral Progresista Francisco Javier Espoz e Mina na súa casa paterna da rúa Real, aínda que a acta matrimonial levantaríase na Igrexa de San Nicolás.

Espoz e Mina, membro dunha humilde familia campesiña, con motivo da invasión napoleónica de 1808 cambiou os traballos do campo polas actividades militares, sendo o guerrilleiro máis famoso da Guerra da Independencia. Debido ós seus éxitos militares na loita cos franceses sería premiado pola Rexencia co nomeamento de Xeneral.

A volta de Fernando VII obriga a Mina a exiliarse debido as súas ideas liberais , e non regresa ata o ano 1820 no que comeza o Trienio Liberal e é nomeado Capitán Xeneral de Navarra, Galicia e Cataluña.

A chegada "dos cen mil fillos de San Luís" en apoio de Fernando VII no ano 1823, leva a Espoz e Mina novamente ó exilio. Dous anos máis tarde Juana de Vega reúnese co seu home na Gran Bretaña onde fican ata que no ano 1823 volven a España.

O 24 de Decembro de 1836 morre o Xeneral en Barcelona. Entre as honras póstumas que lle concede o Goberno a Espoz e Mina, figura o outorgamento a súa viúva do título de Condesa de Espoz e Mina.

En abril do ano 1837, Juana de Vega volve a Coruña e instálase na súa casa da rúa Real. Os salóns da Condesa de Espoz e Mina convertesen en punto de reunión da sociedade liberal coruñesa e de persoas notables que pasasen pola cidade.

Aínda que dúas etapas importantes da vida de dona Juana foron o matrimonio con Espoz e Mina e o seu posterior exilio na Gran Bretaña, tamén hai que destacar os cargos que desenrolou como Aia da súa Maxestade a futura Raiña Isabel II e da súa irmá a Infanta Luísa Fernanda, así como camareira maior de Palacio, durante o período 1841 -1843. É durante esta época cando escribe Historia Interior de Palacio.

Libre xa das súas obrigas no Palacio, a Condesa de Espoz e Mina volta a Coruña, e os seus salóns convertesen outra vez en centro de reunións liberais.

En 1851 comezan a publicarse as "Memorias do Xeneral Francisco Espoz e Mina", que foron redactadas e preparadas pola súa muller.

A Condesa de Espoz e Mina non só celebra tertulias ás que concorren destacadas figuras da intelectualidade coruñesa e galega, senón que apoia a xóvenes figuras, a nenos do mundo musical, como ocorre que no ano 1852 escoita ó violinista Pablo Saraste e consigue que toque en público no Circo de Artesáns. Juana de Vega converterase na súa protectora e corre con tódolos gastos durante os seus estudios en Madrid.

Continuar siguiente columna

Fotografia: Juana de Vega

En 1853 e 1854 prodúcense na Coruña importantes epidemias: a fame, a peste e o cólera.

O Alcalde Juan Flórez pídelle a dona Juana de Vega que a Asociación de Señoras que ela preside, se faga cargo da dirección e mantemento do hospital provisional que foi preciso habilitar, así como acoller baixo a súa tutela o novo hospicio.

A mediados do mes de novembro de 1854, a Condesa de Espoz e Mina recibe unha carta do Presidente do Consello de Ministros, o Xeneral Espartero, pola que se lle ofrece o título de Duquesa da Caridade con Grandeza de España.

As testemuñas de gratitude séguense a producir e a finais de novembro de 1854, o Alcalde da Coruña, Montero Telinge, remítelle unha carta testemuñándolle a súa admiración e gratitude pola práctica dunha "caridade ardente".

En xaneiro de 1856, a Raíña outórgalle a distinción de viceprotectora dos establecementos de Beneficencia da Coruña.

A pesares de todas estas distincións e do respeto do que goza dona Juana de Vega, ela sempre se amosará humilde e lonxe das festas de sociedade, non facendo gala dos seus títulos e dedicando a súa vida a axuda dos necesitados.

No ano 1868 Juana de Vega coincide coa ferrolán Concepción Arenal, en protestar publicamente cando o Goberno prohibe as Conferencias da Congregación de San Vicente de Paúl, ou nas peticións de indulto para os condenados a morte.

Un dos temas nos que a Condesa coincidía tamén plenamente con Concepción Arenal, era o da necesaria difusión en Galicia dos temas agrícolas, base do desenrolo da rexión. O gran pensamento de dona Juana de Vega era a creación dunha escola teórico - práctica de agricultura, na súa casa de San Pedro de Nós, semellante a que tiña a Deputación de Álava.

Juana de Vega, morre o día 22 de xuño de 1872 na súa casa da rúa Real.

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende nº 92
C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros
A Coruña - España
Tlfo.: 981.65.46.37 Fax: 981.65.20.95