A Fundación organiza diversas xornadas técnicas para a difusión dos resultados dos proxectos de investigación que realiza “Experiencia sobre materia seca en kiwi” e “Estudo do potencial das variedades Branco Lexítimo e Agudelo (Vitis vinífera L.) na zona vitícola de Betanzos.
Estas xornadas diríxense a técnicos, produtores, investigadores e comercializadores dos sectores interesados nas variedades obxecto de estudo.
A Fundación Juana de Vega está desenvolvendo desde o ano 2007 na área de Betanzos e Comarca un proxecto de investigación para a caracterización das variedades de vide ?Branco Lexítimo? e ?Agudelo? e a análise do seu potencial para elaboración de viños de calidade. Este estudo tamén está a contribuír ao proceso de recoñecemento destas variedades por parte da Oficina Española de Variedades Vexetais, o que permitirá que poidan ser empregadas na elaboración de viños, e identificadas na etiqueta para a súa comercialización.
Co obxecto de difundir os resultados da investigación, a Fundación Juana de Vega organiza no edificio Liceo do Concello de Betanzos o vindeiro día 7 de abril do 2010 , as I xornadas de viticultura e desenvolvemento rural: recuperación das variedades Branco lexítimo e Agudelo nas que participarán tamén responsables da Oficina Española de Variedades Vexetais e do Centro de Ensaios e Avaliación de Variedades de Murcia, entidades ambas responsables do proceso de recoñecemento das variedades.