A integración plena de Galicia no espazo das sociedades avanzadas esixe dispoñer dunha base de investigación de primeiro nivel mundial. Para apoiar este esforzo colectivo creouse este programa de bolsas de investigación para titulados superiores con título de doutor, co obxecto de que poidan desenvolver un traballo de investigación que complemente a súa formación de terceiro ciclo, en centros de excelencia no estranxeiro, por un período de doce meses, prorrogable por outros doce e sobre temas relacionados coas áreas de agricultura, gandería, acuicultura, medio ambiente, recursos naturais, e enerxías renovables.
A dotación económica destas bolsas comprenderá ademais dunha asignación económica de 25.000 euros anuais, unha viaxe de ida e volta en avión ou outro medio de transporte público por cada ano de estadía e seguro de enfermidade e accidentes durante un período de permanencia no centro de investigación.
O prazo de solicitude para aqueles candidatos que cumpran os requisitos da convocatoria rematará o día 17 de setembro de 2010.
A selección das bolsas será efectuada por un Comité que estará presidido por Dona María Teresa Miras Portugal, Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia, catedrática de Bioquímica e bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid e membro de diversas sociedades científicas nacionais e internacionais.