ESTRATEXIAS PARA O FUTURO DO SECTOR LÁCTEO
27 e 28 de NOVEMBRO de 2009
PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS
O sector lácteo é un dos máis complexos e diversificados de toda a industria alimentaria. Abrangue dende unha base moi atomizada, na que se está a producir unha constante disminución das explotacións gandeiras, ata as grandes empresas que tenden a copalo mercado e que puxeron en marcha procesos de control de toda a cadea produtiva.
Galicia situase na cabeza da produción leiteira de España aportando un 36% do volume total. Nembargantes esta posición debilítase na fase industrial debido á inexistencia de empresas líderes e á venta de parte da produción sen transformar.
Na actualidade, o sector vese afectado por un escenario caracterizado por unha maior liberalización do mercado europeo e mundial; así como polo fin das cotas previsto para o ano 2015.
Ante esta situación é imprescindíbel realizar un proceso de reflexión estratéxica entre os distintos axentes que partindo da situación presente, axude a marcar os obxectivos do futuro e dos medios e mecanismos necesarios para conseguilos.
Galicia precisa contar con un sector competitivo, orientado ás demandas dos mercados interno e externo, que contribúa ademais o desenvolvemento das áreas rurais nas que este sector ten unha presenza clave.
Para conseguilo, é necesario adaptarse aos cambios que experimentou o consumidor . Dun tempo a esta parte, encontrámonos con un consumidor moito máis sensibilizado por aspectos como a seguridade e a calidade alimentaria,o respecto polo medioambente e por suposto polos aspectos nutricionais dos alimentos que consume.
Estas xornadas tratan aspectos relevantes para o futuro do sector, como a análise das cadeas de valor, a situación actual do sector a nivel nacional e europeo, os cambios no comportamento do consumidor, a importancia da calidade e da investigación na xeración de novos produtos , así como o papel que xoga a gran distribución na comercialización dos mesmos. Todo isto complementase con experiencias empresariais que obtiveron o recoñecemento polas súas boas practicas neste senso
PROGRAMA
Venres 27 de novembro
Mañá
9:00 |
Recepción e entrega de documentación |
9:30 |
Inauguración das xornadas |
10:00 |
Desafios e oportunidades da industria láctea española ante o cambio do entorno europeo |
10:45 |
Análise da situación do mercado de produtos lácteos: España e Galicia.Ponente: D. Francisco Sineiro Garcia. Universidade de Santiago de Compostela |
11:30 |
PAUSA |
12:00 |
A cadea de valor e a formación dos prezos da leite liquida envasada |
12:45 |
Cambios no consumo de produtos lácteos e a súa repercusión nas estratexias industriais. |
13:30 |
Rogos e preguntas |
14:00 |
Fin sesión mañá |
16:30 |
Innovación no sector lácteo |
|
|
17:15: |
Grupo leche Pascual |
18:00: |
Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega |
18:45 |
PAUSA |
19:15 |
Leche Gaza, S.L. Ganaderos de Zamora |
20:00 |
Lácteos Belate de Etxeberri (Arakil) Navarra |
20:45 |
Rogos e preguntas |
21:00 |
Fin sesión tarde |
Sábado 28 novembro
Mańá
10:00 |
Estratexias na comercialización de produtos lácteos: Denominación de orixe protexida. |
11:30 |
Kaiku Corporación Alimentaria |
12:15 |
Pausa |
12:45 |
Distribución e comercialización de produtos agroalimentarios |
13:30 |
Rogos e preguntas |
14:00 |
Clausura xornadas |
IMPORTE DA MATRÍCULA
Matrícula ordinaria 90 euros
Estudantes, licenciados e diplomados en situación de desemprego 30 euros
(Prazas Limitadas)
A matrícula pecharase por rigurosa orden de inscrición e a admisión será comunicada por teléfono ou correo electrónico a todos os solicitantes.
O pago deberá realizarse antes do dia 23 de novembro do 2009 mediante ingreso na c/c nº 0072-0101-94-0000125935
Retos y oportunidades en la distribución de productos agroalimentarios
Curso de Especialización Juana de Vega en Xestión de Empresas Agroalimentarias.
Aspectos clave na comercialización de produtos cárnicos do porcino