Actividades | Cursos

Curso de especialización en xestión de empresas agroalimentarias

Presentación:

A Fundación Juana de Vega nace no ano 1872 por vontade testamentaria de Dª Juana de Vega, co obxectivo primordial de mellorar a formación no ámbito agrario.

Para cumprir con ese obxectivo, entre outras actividades, ven colaborando desde fai máis de 16 anos coa Universidade da Coruña para impartir unha formación de calidade e actualizada en Xestión de Empresas Agroalimentarias. Esta formación serviu de base, para que un gran número de alumnos dos máis de douscentos que elixiron o curso, ocupen hoxe postos de responsabilidade en empresas do sector.

Con esta experiencia acumulada, deseñouse un Programa de Posgrao cun contido que responde ás necesidades empresariais actuais e que constitúe o complemento de formación necesario para aqueles titulados universitarios nas diferentes ramas agrarias, ou profesionales, que desexen afrontar con éxito o seu futuro laboral e profesional.

A metodoloxía docente terá un carácter participativo e interactivo, facendo énfase nos contidos prácticos e instrumentais de cada módulo polo que participarán xunto a profesores universitarios, directivos e empresarios con unha gran experiencia nas diferentes áreas funcionais da empresa.

Obxetivos:

  • Inculcar coñecementos sólidos sobre as máis avanzadas técnicas de xestión empresarial aplicadas a empresas agroalimentarias, contribuíndo a responder ós retos que supoñen a globalización e o aumento da competitividade dos mercados.
  • Afondar nos fundamentos da dirección, xerando seguridade no análisise e rigor na toma de decisións.
  • Facilitar ó alumno as ferramentas e coñecementos necesarios para desempeñar con éxito, postos directivos na empresa agroalimentaria.

Dirixido a :

Titulados universitarios, tanto de primeiro como de segundo ciclo, con especial orientación cara as ramas agrarias (Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, Enxeñeiros Técnicos Forestais, Veterinarios, Biólogos, Químicos, licenciados en Ciencias do Mar, ….), profesionais e Directivos.

Duración

300 horas presenciais, de Outubro de 2009 a Xullo de 2010, que se impartiran preferentemente os venres pola tarde e os sábados pola mañá.

Bolsas

A Fundación outorgará ata 15 bolsas para a realización do curso completo, que cubrirán o importe da matrícula en 990,00 .

Prazo de solucitude

O prazo de solicitude remata o 10 de Outubro de 2009.

Principio pagina

 

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende nº 92
C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros
A Coruña - España
Tlfo.: 981.65.46.37 Fax: 981.65.20.95