Convenio de colaboración para a realización de actuacións conxuntas que contribúan ao desenvolvemento do medio rural no ámbito territorial de Betanzos, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
As actividades a desenvolver dentro do marco do convenio son, entre outras, a organización e execución de todo tipo de actividades socioculturais para dar a coñecer a problemática rural, a edición de material escrito ou audiovisual con fins divulgativos, didácticos, dinamizadores ou sensibilizadores, a promoción das actividades formativas que sexan precisas para unha mellor cualificación técnica das persoas do medio rural e todo tipo de actividades que contribúan á consolidación e ao crecemento de producións e sistemas de agricultura e gandería tradicional, incluído o acceso dos produtos aos mercados actuais.
Posta en marcha do curso de Especialización en Xestión de Empresas Agroalimentarias.
Organización de conferencias sobre temas de actualidade relacionados co sector agroalimentario.
Creación dun programa de bolsas para a formación de especialistas en veterinaria.
Creación da Escola de profesións e oficios vinculados ó uso natural do chan.
Convenio de Colaboracion coa Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais
Creación da Catedra Juana de Vega de formación e investigación
Convenio de colaboración cunha duración de tres anos para a realización de proxecto de investigación
Colaboración da Consellería do Medio Rural nas xornadas sobre comercialización agroalimentaria
Colaboración con o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Acordo de colaboración para a edición conxunta do libro "As novas casas galegas"